RETEGAL ten a necesidade de dar cumprimento á normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais, a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (LPRL), e da normativa que a desenvolve, obrigando a RETEGAL a dispor dun Servizo de Prevención Alleo, ao non dispoñer dun servizo de prevención propio.
Por outra banda, o artigo 24 da LPRL regula a coordinación das actividades empresariais, establecendo entre outros, que corresponde ás empresas que contraten ou subcontraten a outras a realización de obras ou servizos nos seus propios centros de traballo a vixilancia do cumprimento da normativa de prevención de riscos.
Deste xeito, correspóndelle a RETEGAL o seguimento das actividades preventivas concertadas, a solicitude, verificación, autorización, recepción, comprobación e xestión da documentación das Inspeccións a contratas, subcontratas, clientes ou colaboradoras referente á Coordinación de Actividades Empresariais (en adiante CAE).
Premendo no seguinte enlace, vostede poderá acceder á páxina de CAE de RETEGAL.