Inicio > Servizos > Transmisión

RETEGAL dispón de medios terrestres e vía satélite para a realización de servizos de transmisión ocasionais de televisión

Ademais de equipos de enlaces terrestres, para a realización de transmisións RETEGAL dispón dunha Unidade Terrestre Transportable con enerxía autónoma mediante un grupo electróxeno de 12 KVA.

A Unidade é totalmente redundante nas cadeas de transmisión e codificación, con sistema de conmutación automático. Así mesmo, ten a posibilidade de remultiplexar dous sinais de video sobre unha mesma portadora, o que permite a transmisión simultánea de dous sinais de programa.

Dispón dunha antena, marca SWE-DISH de 1'5 m de diámetro que, conxuntamente cos amplificadores MCL de 400 W, permite obter unha P.I.R.E. de 67 dBW. Este equipamento compleméntase cun sistema de edición de video en formato DVCPRO50

Esta estación está homologada polos sistemas de satélite Hispasat, Eutelsat e Panamsat.

A todos os medios tecnolóxicos expostos debemos engadir a elevada cualificación e experiencia do noso persoal na retransmisión de múltiples eventos.

Ligazóns de interese