Inicio > Transparencia e goberno aberto > Regulamento Xeral de Protección de Datos

 
INFORMACIÓN SOBRE TRATAMENTO DE DATOS EN CHAMADAS AO CEXAR

 

RESPONSABLE DO TRATAMENTO

 

REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS RETEGAL, S.A.

Bando s/n, San Marcos, 15.820 Santiago de Compostela

Teléfono 981546723  Correo electrónico:  rxpd@retegal.gal

Delegado de Protección de datos (DPD): D. Gustavo Herva Iglesias (AMTEGA)

Contacto co DPD: rxpd@retegal.gal

 

FINALIDADES DO TRATAMENTO

 

A finalidade do tratamento é a atención das chamadas que se realizan ao Centro de Xestión e Atención de Rede de RETEGAL, avaliar o grao de satisfacción e poderemos chamar aos interesados para verificar se a avaría foi corrixida ou pola contra permanece. Tamén, para verificar a existencia de avarías futuras na súa zona.

Tratamos os seus datos en base ao consentimento que o interesado presta ao realizar a chamada, polo que poderá revogar devandito consentimento en calquera momento.

Salvo que revogue o seu consentimento, manteremos os seus datos o prazo máximo de cinco anos, transcorrido o cal, procederemos a suprimilos.

 

DATOS OU CATEGORÍAS DE DATOS OBXECTO DE TRATAMENTO

 

Non se prevé ningunha cesión dos datos persoais proporcionados

 

DESTINATARIOS DOS DATOS

 

Administracións Públicas (Facenda, Seguridade Social), comunicacións necesarias para o desenvolvemento da actividade da empresa, Entidades financeiras para o pago de nóminas, así como aquelas que veñan obrigadas nunha norma con rango de lei.

 

OS SEUS DEREITOS

 

Poderá en calquera momento, solicitarnos que lle confirmemos se tratamos os seus datos ou non.

Así mesmo, poderá solicitarnos o acceso aos seus datos, a rectificación daqueles de sexan inexactos ou a supresión dos seus datos dos nosos sistemas.

Por outra banda, poderá esixir que limitemos o tratamento dos seus datos, quedando dispoñible unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Como indicabamos poderá revogar o seu consentimento para que RETEGAL realice o tratamento dos seus datos e por último, se non está conforme co tratamento ou a información que lle facilitamos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos.

 

Documentos asociados: 

Ligazóns de interese