Coma Director Xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (RETEGAL), compráceme dar a coñecer a nosa primeira Memoria de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), que comprende o esforzo das persoas que conformamos esta empresa.
Conscientes da responsabilidade que supón asumir as nosas funcións de modo transparente e comprometido, integramos no noso modelo de xestión, un novo enfoque baseado nos principios e compromisos propios da RSC, con obxecto de contribuír, como sociedade mercantil pública, ao desenvolvemento dunha sociedade máis sostenible e transparente, en clara alineación cos promulgados da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostenible.
Como primeiro paso, subscribimos os dez principios do Global Compact promulgados polas Nacións Unidas sobre prácticas de respecto aos dereitos humanos, traballo digno, medio ambiente e políticas de anti-corrupción, comprometéndonos a medir, evaluar e informar periódicamente, sobre o grado de desenvolvemento dos mesmos.
Así mesmo, baseámonos/baseámosnos nas recomendaciones e directrices da guía Global Reporting Initiative (G4), principal referente internacional para a análise e elaboración de memorias de sostenibilidad, para recoller neste documento os principais resultados da nosa xestión en materia económica, socio-laboral e medioambiental, ao longo do ano 2016.
Esta Memoria é un reflexo do traballo, a transparencia e a veracidad das nosas accións, e representa a nosa filosofía ético-ambiental, estando toda a información que contén verificada internamente e respondendo fielmente á imaxe da nosa organización.
Somos conscientes das dificultades e retos que entraña este primeiro exercicio de comunicación, pero temos a confianza de que todas as opinións e comentarios que recibamos sobre a nosa xestión, axudarannos a definir e despregar as nosas actuacións futuras en materia de responsabilidade social.
A publicación da nosa Memoria é de carácter anual, consolidándose o compromiso adquirido cos ideais da Responsabilidade Social Corporativa.
Moitas grazas.
Miguel Rodríguez Quelle