Retegal
Published on Retegal (https://www.retegal.es)


Presentación da empresa

Redes de telecomunicación galegas Retegal, S.A. (en adiante RETEGAL), constitúese como empresa pública en virtude do Decreto 58/1997, do 20 de febreiro, da Xunta de Galicia, polo que se crea a sociedade que se encarga da xestión e explotación de infraestruturas, sistemas e servizos de telecomunicacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola súa propia natureza, a súa actividade oriéntase á prestación de servizos con carácter universal.

Posúe a rede de radiodifusión máis ampla de toda a Comunidade Autónoma, tanto en infraestruturas de transporte coma de difusión ademais dun capital humano altamente cualificado e experimentado que na súa maior parte, achegan unha experiencia de máis de 20 anos na xestión e explotación de redes e servizos de telecomunicación.

Enlaces de interés: 
Información corporativa
Misión/visión
Que facemos
Responsabilidade Social

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.

Footer menú

  • Aviso legal
  • Mapa do portal

URL fonte: https://www.retegal.es/gl/empresa