Retegal
Published on Retegal (https://www.retegal.es)


Convocatoria de concurso de traslados para a cobertura dunha praza vacante no centro emisor de Meda (Ourense)

Por resolución 05/11 do director xerente de Retegal, convócase con­curso de méritos para a provisión dun posto de traballo  no centro emisor de Meda, por vacante na fase de resultas da resolución do concurso de traslados de O Pedroso

As solicitudes para tomar parte neste concur­so dirixiranse ao director xerente de Retegal, debendo presentarse no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e dos seus anexos. Así as cousas, o prazo de presentación de solicitudes remata o luns día 25 de abril ás 14:00 horas 

As bases da convocatoria pódense consultar nas oficinas de Retegal e en cada un dos centros emisores

Data de publicación: 
venres, 15 Abril, 2011

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.

Footer menú

  • Aviso legal
  • Mapa do portal

URL fonte: https://www.retegal.es/gl/transparencia/personal/concursos-de-traslados/convocatoria-de-concurso-de-traslados-para-cobertura-dunha-praza-vacante-no-centro