Inicio > Transparencia e goberno aberto > Programas Operativos > RESGAL - FEDER 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

Financiouse polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), nun 80 %, no marco do Plan Operativo FEDER Galicia 2014-2020 a mellora da extensión de cobertura da rede RESGAL, dentro das medidas indicadas nesta páxina.

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.

O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos.  O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

Deberá someterse ás disposicións do Tratado da Unión Europea e aos actos fixados en virtude do mesmo e será coherente coas actividades, políticas e prioridades comunitarias a favor dun desenvolvemento sostible e mellora do medio ambiente, debendo promover o crecemento, a competitividade, o emprego e a inclusión social, así como a igualdade entre homes e mulleres, de conformidade co disposto no Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Asemade, o/s adxudicatario/s comprométese a asumir cantas obrigas se deriven do disposto no Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se estabelecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Fondo Social Europeo e Fondo de Cohesión, no Regulamento (CE) 1080/2006, do Parlamento e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e no disposto no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2008, polo que se fixan as normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se estabelecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Fondo Social Europeo e Fondo de Cohesión, e o Regulamente (CE) 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, modificado polo Regulamento (CE) 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro de 2009 e, en particular, as relativas á información e publicidade comunitaria e ao seu custo.

Os elementos de información e publicidade comunitaria que, de conformidade coas características do presente contrato, fosen esixibles ao adxudicatario, deberán axustarse ao establecido na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estruturais 2014-2020 en Galicia.

Así mesmo, é obrigatorio dar axeitada publicidade da orixe do financiamento público recibido en todas as actuacións que se deriven da execución do Proxecto. De conformidad eco establecido no Regulamento (CE) 1828/2006, nas publicacións, actividades de difusión, páxinas Web e, en Xeral, en toda información ou publicidade que se efectúe das actuacións derivadas, deberase facer constar que os mesmos están subvencionados pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A Consellería de Facenda dispón na súa web unha guía de publicidade que poderá ser usada para estos efectos.

Obxectivo temático 02 – Mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e o acceso ás mesmas.
Prioridade de investimento 02.03 – Reforzo das aplicacións das TIC para a administración electrónica, aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica.
Obxectivo específico 02.03.01 – Promover os servizos públicos dixitais, alfabetización dixital e aprendizaxe e inclusión e saúdo.
Liña de actuación Plan para a calidade e seguridade de infraestruturas críticas.

Ligazóns de interese