Inicio > rsc > Obxectivos RSC

Obxectivos de alto nivel

  1. Cumprimento e desenvolvemento dos dez principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas sobre prácticas de respecto aos dereitos humanos, traballo digno, respecto polo medio ambiente e políticas anti-corrupción, asumíndoas como propias e medindo periodicamente o grao de desenvolvemento das mesmas, realizando os correspondentes informes de progreso.
  2. Implantación dun modelo de xestión integral que desenvolva os principios de responsabilidade social corporativa, seguridade e saúde laboral, medio ambiente e seguridade da información.
  3. Integración da RSC na nosa estratexia corporativa de maneira que todas as nosas accións neste ámbito respondan a un esquema previo de reflexión, análise e consenso.
  4. Establecemento de canles de comunicación con todos os nosos grupos de interese para atender as necesidades e requirimentos vinculados coa nosa actividade.