Como parte da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) destaca o interese pola sustentabilidade. Ademais, caben nela as prácticas relacionadas co bo goberno das compañías, como son:
-
A democracia corporativa (as relacións de poder no interior da empresa).
-
O espírito de cooperación da empresa cos seus clientes, provedores, competidores, gobernos...
-
Os compromisos de transparencia que adquiren as empresas coa sociedade e que se fan efectivos a través da rendición de contas, de informes ou de memorias anuais verificables por organismos externos.
-
A cidadanía corporativa, entendida como os dereitos e obrigas da empresa dentro da comunidade á que pertence.
Os antecedentes da RSC remóntanse ao século XIX no marco do cooperativismo e o asociacionismo que buscaban conciliar eficacia empresarial con principios sociais de democracia, autoaxuda, apoio á comunidade e xustiza distributiva. Os seus máximos expoñentes na actualidade son as empresas de Economía social, por definición Empresas Socialmente Responsables.
A RSC pode enfocarse para mellorar:
-
A calidade de vida laboral.
-
O medio.
-
A comunidade onde está instalada a empresa.
-
A mercadotecnia para desenvolver unha comercialización responsable.
-
A ética empresarial.