Resolución definitiva da dirección xerencia de Retegal
Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, e non téndose presentado candidaturas para o posto de traballo vacante, a dirección xerencia de Retegal resolve declarar deserta a convocatoria
Advertido erro na Resolución 06/11 da dirección xerencia de Retegal pola que se nomea a comisión de valoración do concurso de traslados do centro emisor de Meda (Ourense) cómpre facera seguinte corrección:
No Anexo I, onde di: “Santiago de Compostela, a 18 de febreiro de 2011”, debe dicir: “Santiago de Compostela, a 18 de abril de 2011”
Concurso de traslados para o centro emisor de Meda (Ourense)
Por resolución 05/11 do director xerente de Retegal, convócase concurso de méritos para a provisión dun posto de traballo no centro emisor de Meda, por vacante na fase de resultas da resolución do concurso de traslados de O Pedroso
As solicitudes para tomar parte neste concurso dirixiranse ao director xerente de Retegal, debendo presentarse no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e dos seus anexos. Así as cousas, o prazo de presentación de solicitudes remata o luns día 25 de abril ás 14:00 horas
As bases da convocatoria pódense consultar nas oficinas de Retegal e en cada un dos centros emisores