A elevada cualificación do seu persoal, o amplo coñecemento e experiencia en materia de telecomunicación e a disposición das máis novidosas ferramentas de deseño e planificación de redes, permiten a Retegal asesorar aos seus clientes en todos e cada un dos elementos da cadea de valor dunha Rede de Telecomunicacións:
1. Selección e xestión das infraestruturas
2. Planificacións e elaboración de proxectos
3. Selección de equipamentos
4. Asistencia para a posta en marcha
5. Formación de persoal
E todo isto, sen esquecer a realización de proxectos 'chave en man'.